Actualizado: 12/03/26
Data: Sábado, 28 de marzo de 2026
Hora: 21:30 h
Lugar: Torreiro Central
Actuación: Orfeón Mariñeiro do Berbés + Ardentía
Ardentía participará na programación da Festa da Reconquista de Vigo 2026, unha das celebracións históricas e culturais máis importantes da cidade, que cada ano enche o Casco Vello de música, recreación histórica e ambiente festivo.
O concerto terá lugar o sábado 28 de marzo ás 21:30 horas no Torreiro Central, nunha actuación conxunta co Orfeón Mariñeiro do Berbés, unha das formacións corais máis representativas da tradición mariñeira viguesa.
Esta colaboración permitirá unir a tradición coral coa música folk galega nun concerto pensado para o ambiente da Reconquista, unha festa que cada ano reúne milleiros de persoas arredor da historia e da cultura popular.
A actuación de Ardentía formarase parte da programación musical da xornada do sábado, na que tamén haberá ruadas de gaiteiros, espectáculos e diferentes actuacións nos torreiros instalados no mercado tradicional.
Convidamos a todo o público a achegarse ao Casco Vello de Vigo o sábado 28 de marzo ás 21:30 horas para compartir unha noite de música e tradición no marco dunha das festas máis emblemáticas da cidade.