Neste apartado poderás atopar unha selección de contidos multimedia de Ardentía, incluíndo vídeos de actuacións en directo, aparicións en televisión, resumos de festivais e diferentes momentos destacados do grupo sobre os escenarios. Tamén poderás acceder a fotografías promocionais e imaxes das nosas actuacións.
Actuación na Festa da Reconquista de Vigo, unha das celebracións históricas máis importantes de Vigo. Dende o escenario da Porta do Sol, compartimos música en directo cos nosos amigos do Orfeón Mariñeiro do Berbés, nunha praza completamente chea de xente bailando, cantando e vivindo a festa.
Vídeo resumo da terceira edición do Bruón Folk Fest 2026, un evento no que tivemos o pracer de participar.
O xoves 5 de decembro do 2024, Ardentía tivo a honra de participar no programa ZigZag Diario da Televisión de Galicia 2, presentado por Pilar García Rego.
Como é un gaiteiro do século XXI? Antigamente os gaiteiros vivían e movíanse polo rural, pero hoxe? Como vive hoxe un gaiteiro urbano de 28 anos? Onde traballa? Que música fai?
Para atopar as respostas a estas preguntas coñecemos en Vigo o grupo Ardentía. Músicos evolucionados, pero con espírito tradicional. Cambiaron os sachos polas garabatas ou as feiras polo Carrefour, pero no fondo son o mesmo. Son axentes de seguros, ou vendedores de bazar. Coa gaita incorporan “boozoki” e incluso compoñen algún tema, pero a base do seu repertorio é a recolleita e o tradicional.
Os seis compoñentes de Ardentía viven a música nunha cidade coa mesma intensidade coa que se vivía antes no rural, por iso ao escoitalos o corpo móvese só. Como non hai airas ou fiadeiros para montar unha festa, van a un bar de tapas da cidade. Como na casa non teñen taller para construír os instrumentos fanos na Escola de Artes e Oficios de Vigo. Ardentía son novos, viven na cidade e traballan con garabata, pero para eles a música serve para o que sempre serviu: para a festa.