Temos o pracer de informarvos de que Ardentía participa este ano 2026 no programa +Música, organizado pola Deputación de Pontevedra, unha iniciativa que busca levar música profesional e de calidade aos municipios con menos de 50.000 habitantes, promovendo a difusión da cultura galega e da lingua galega.
Como funciona o programa +Música:
A Deputación proporciona o caché dos artistas, polo que os concellos non teñen que pagar o caché do grupo.
Cada concello asume a produción do espectáculo, incluíndo: son, luces, escenario e outros gastos técnicos necesarios para a actuación. (Custo da produción técnica con IVE: 1815.0 €)
As actuacións deben ter entrada libre, co obxectivo de facilitar o acceso da cidadanía á música en directo.
Persoa representante: VARELA VÁZQUEZ, MANUEL
Datos de contacto: 677 732 706 - osfoabproduccions@gmail.com
Breve currículo do grupo:
ARDENTÍA É UNHA AGRUPACIÓN CON GRANDE TRAXECTORIA NO PANORAMA MUSICAL GALEGO. OS SEUS MÁIS DE TRINTA ANOS DE HISTORIA ACREDITAN UN GRANDE CURRICULO ARTÍSTICO E OUTÓRGANLLE UN POSTO RELEVANTE E IMPRESCINDIBLE NA MÚSICA DO NOSO PAÍS.
Descrición da proposta artística:
Ardentia formouse no ano 1989 coa intención de profundizar e divulgar a música galega dun xeito ameno e participativo no cal as músicas tradicionais (a maioria recollida por eles) e as cantigas populares converten as suas actuacións nunha festa popular. Isto fai que moitos dos seus temas sexan interpretados por outros relevantes grupos da música galega (Canto de Arrieiro, Cuba, Ai Corazón, Non hai Ron, Baitucada...). Ardentía ten 6 discos no mercado recibindo moi boas críticas tanto da prensa especializada como do público, tendo colaborado neles músicos da talla de Uxia, o Grupo Brigada Victor Jara, Pancho Alvarez, Begoña Riobó, Luis Peixoto e moitos mais, así como diversos premios en diferentes festivais, concursos e entidades (TVG....). Instrumentación: Gaita, Saxofón, Acordeon, Zanfona, Bouzouki, Guitarra Acústica, Contrabaixo, Frautas, Percusións e voces.
Necesidades técnicas e de produción:
EQUIPO DE SON E LUCES ACORDE AO RECINTO DO CONCERTO E MICROFONÍA SEGUNDO RIDER TÉCNICO
Custo da produción técnica con IVE: 1815.0 €