Multimedia

SpotifyLink

Vídeos

Alalá nº 70 - Ardentía
Emisión: 25 de marzo de 2008 en Televisión de Galicia

Como é un gaiteiro do século XXI? Antigamente os gaiteiros vivían e movíanse polo rural, pero hoxe? Como vive hoxe un gaiteiro urbano de 28 anos? Onde traballa? Que música fai?

Para atopar as respostas a estas preguntas coñecemos en Vigo o grupo Ardentía. Músicos evolucionados, pero con espírito tradicional. Cambiaron os sachos polas garabatas ou as feiras polo Carrefour, pero no fondo son o mesmo. Son axentes de seguros, ou vendedores de bazar. Coa gaita incorporan “boozoki” e incluso compoñen algún tema, pero a base do seu repertorio é a recolleita e o tradicional.

Os seis compoñentes de Ardentía viven a música nunha cidade coa mesma intensidade coa que se vivía antes no rural, por iso ao escoitalos o corpo móvese só. Como non hai airas ou fiadeiros para montar unha festa, van a un bar de tapas da cidade. Como na casa non teñen taller para construír os instrumentos fanos na Escola de Artes e Oficios de Vigo. Ardentía son novos, viven na cidade e traballan con garabata, pero para eles a música serve para o que sempre serviu: para a festa.

Fotografías